Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Afundido un tramo da N-550 preto do tanatorio

RR_Noticias

As chuvias das últimas horas están a provocar diferentes incidentes na comarca, sendo
a principal incidencia a que se rexistraba na mañá de hoxe na estrada que comunica Redondela co Porriño.

Na N-550 no tramo que transcorre entre o tanatorio de Tanamañó e as obras do AVE afundiuse creando unha focha de case dous metros de profundidade o que obrigou a cortar un carril da vía.
Aínda que as desfeitas só afectaron a un dos sentidos, esta incidencia ten provocando problemas para circular por esta estrada así como retencións na zona en ambos os sentidos durante toda a mañá. A Garda Civil encargouse de regular o tráfico na zona mentres os servizos de mantemento traballan na recuperación do viario.
Novos problemas nas estradas do concello que veñen a engadirse aos que nas últimas semanas están a detectarse na rúa Ernestina Otero cuxo firme afundiuse en varios puntos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará