Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concurso de cogomelos na Discotasca

RR_Noticias

Logo de varios eventos adicados á tortilla, ao churrasco e ao polbo, hoxe o protagonismo é para os cogomelos.  Unha cita que comezará ás 18:00 horas e se prolongará ata a medianoite

Un orixinal concurso de receitas de cogomelos organiza esta tarde a Discotasca no que poderán participar todos os que o desexen, tan só terán que achegarse ao local a partir das 18:00 horas cos seus pratos xa cociñados ou co material necesario para preparar as súas receitas no propio local. O xurado valorará a presentación, degustación e enxebrismo e os participantes recibirán diferentes premios e agasallos como camisetas ou consumicións variadas. Un requisito indispensable para participar é presentar o ticket de compra dos cogomelos para evitar así posible intoxicacións alimentarias A cita gastronómica prolongarase ata a medianoite.En vindeiras semanas teñen previsto celebrar un tradiconal magosto, aproveitando a época de castañas

Chopy
Un requisito indispensable para participar: presentar o ticket de compra

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará