Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O catedrático e experto en astronomía Severino Yáñez, na presentación de A Voz de Lenda

RR_Noticias

A astronomía é o tema protagonista no novo número da revista que publica a Asociación de Familiares e enfermos mentais, Lenda. A presentación mañá venres ás 20:30 horas no Multiusos da Xunqueira

Un novo número de A Voz de Lenda, e van xa vinte, no que se abordan diferentes cuestións como o deporte, o humor, a literatura e como tema protagonista: a Astronomía, un xeito de conmemorar tamén dende Lenda o Ano Internacional desta Ciencia. Así un dos actos máis destacados é a charla coloquio que correrá a cargo do Doutor en Ciencias químicas e fundador da Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra, Severino Yáñez Arias. As actuación musicais correrán a cargo de Dinio e o coro Os Mércores Musicais. Presentación literaria Durante o acto, no que tamén intervirá a concelleira de servizos sociais, Rosa Costas, presentarase o libro de relatos de Manuel Tomé “Solo la madera es comparable a la incomparable luna” onde os protagonistas dos contos son os animais.

Ana Nieto e Jaime Figueroa
Severino Yañez achegará aos presentes nocións básicas de astronomía
Manuel Tomé
Fálanos do seu libro de relatos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará