Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Quintela alerta dos danos que as obras do AVE provocarán en pozos e mananciais

RR_Noticias

A Asociación de Veciños San Mamede advirte das consecuencias que as obras do AVE poden ter nos mananciais dos barrios de Quinteiro e Santo Paio de Abaixo así como nas propias vivendas da zona 

Os veciños móstranse preocupados logo do inicio das obras do tren de alta velocidade na parroquia, Temen que, de igual xeito que aconteceu na zona do val do Maceiras, estas obras afecten aos mananciais, fontes e pozos existentes no barrio de Quinteiro en Quintela así como na zona de As Figueiras en Santo Paio de Abaixo, lugares por onde transcorrerá o túnel do trazado ferroviario. A asociación advirte aos veciños da posibilidade de quedarse sen auga nas súas vivendas polo que os convida a manterse alerta e informar de calquera repercusión que as obras teñen neste aspecto. Engaden ademais que as afeccións poderían ser maiores, xa que non desbotan que as empresas que están a traballar na zona poidan empregar dinamita nos traballo o que se podería traducir en fendas nas propias vivendas. Os veciños de Quintela padecen xa, aínda que de xeito indirecto, algún dos prexuízos que de primeira man viven os residentes en Negros, xa que tamén padecen nos ruídos nocturnos das máquinas que traballan no Val do Maceiras.

Elvira Darriba
A presidenta da AVV San Mamede advirte das posibles repercusións das obras
Amante Campo
As explosións poderían conlevar fendas nas vivendas
Ruidos nocturnos
En Quintela padecen xa os ruidos das obras que realizan no Val do Maceiras

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará