Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Inti-Illimani ofrece un concerto en Redondela

RR_Noticias

O histórico grupo chileno actuará o día 3 de novembro no Multisos da Xunqueira, no único concerto que o grupo ofrece en España. O prezo da entrada é de 25 euros  

O histórico grupo chileno Inti-Illimani actuará o vindeiro día 3 de novembro no Multiusos da Xunqueira, no único concerto que o grupo ofrecerá en España dentro da súa xira por Europa. Inti-Illimani ofrecerá un concerto cos seus temas clásicos, facendo un repaso a catro décadas sobre os escenarios, dende as súas primeiras composicións nos anos setenta ata os temas mais actuais. As entradas para asistir a este concerto que se celebrará no Multiusos, cun aforo limitado a 250 espectadores, poden adquirirse xa na recepción do edificio da Xunqueira ao prezo de 25 euros. Inti-Illimani é xunto con Quilapayún un dos grupos máis coñecidos internacionalmente pertencente ao movemento da Nova Canción Chilena. O conxunto musical fundouse no ano 1967 por un grupo de estudantes de la Universidade Técnica del Estado, actualmente denominada Universidad de Santiago de Chile. En 1973 mentres estaban de xira por Europa, o golpe militar encabezado por Augusto Pinochet derrocou ao presidente constitucional Salvador Allende e estableceu a dictadura no pais. Dende ese momento, permaneceron no exilio e estableceron a súa residencia en Italia. No ano 1988 regresarían a Chile logo de derrogarse a prohibición de ingreso que pesaba sobre os seus integrante. Inti-Illimani percorrerá nas vindeiras semanas distintas cidade de Alemania, Italia Francia, Holanda e Suecia. Precisamente na cidade sueca de Upsala comezaron esta nova xira o pasado día 16 que os vai traer a Redondela.

Eduardo Reguera
O edil fala dun concerto histórico na vila

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará