Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denuncian a parálise das obras na N-550

RR_Noticias

As obras de acondicionamento e mellora da estrada ao seu paso polos concello de Redondela e Mos están sen rematar a pesar de que os traballos comezaron meses atrás segundo afirman dende o BNG. A formación política pon de manifesto a inseguridade vial que sofren para peóns como condutores derivada das obras.

 O BNG de Redondela e Mos insta ao ministerio de Fomento a  que remate as obras iniciadas hai meses na N-550.  Os nacionalistas de ambas as dúas localidade critican a parálise dunha obras que se iniciaron co reasfaltado da estrada.
A primeira fase consistíu en levantar parte do firme ao longo do trazado, pero logo de varios meses aínda non se fixeron ningún tipo de melloras, nin para o tráfico rodado, nin para a seguridade vial dos peóns.
O BNG entende que a finalización destas obras é prioritaria dada a intensidade de vehículos tanto particulares como de tráfico pesado que esta estrada sufre a diario. Lembran as molestias derivadas das obras e o malestar que entre os conductores supón que a estrada se manteña co asfalto en condicións moi precarias, malestar que se multiplica no caso dos peóns que a diario teñen que circular pola cuneta desta estrada. “Na actualidade a seguridade vial está en entredito, e non vemos os motivos para que estas obras non se finalicen de inmediato”.
Instan ao Ministerio de Fomento a que se poña a traballar de inmediato para que as obras de acondicionamento da N-550 no treito Redondela-Mos, rematen canto antes. Asemade esixen que se prime a seguridade vial de peóns e veciños.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará