Hoxe é Domingo 3 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O obradoiro de emprego envía cartas para colocar aos seus 25 alumnos

RR_Noticias

A directiva do centro, no que se están a impartir cursos de albanelería, carpintería e traballo forestal, enviou un total de 350 cartas a distintas empresas de Redondela co obxectivo de lograr a inserción laboral dos seus alumnos, que agora realizan traballos de recuperación no entorno do pazo de Pousadouro.

A dirección do obradoiro puxo xa en marcha os traballos previos para a inserción laboral dos 25 alumnos que dende o mes de decembro de 2008 estanse a formar nas especialidades de albanelería, carpintería e traballo forestal, nas instalacións de Pousadouro. En total 21 mulleres e catro homes que están a piques de rematar a súa formación tanto teórica como práctica e que a partires de decembro deberán retomar a busca activa de emprego. Trátase maioritariamente de mulleres de idades comprendidas entre os 40 e os 45 anos procedentes do sector téxtil que tentarán agora acceder a sectores laborais tradicionalmente masculinos As cartas enviadas, algunhas das cales xa recibiron resposta o que permitiu abrir un proceso de selección, perseguen que as empresas coñezan a formación coa que contan estes traballadores, a súa cualificación e as vantaxes que ofrecen. En concreto os participantes recibirán un total de 1.920 horas de capacitación técnica e profesional nas especialidades mencionadas ademais de formación en prevención de riscos laborais, medio ambiente, informática e igualdade de xénero. O concelleiro de emprego, José García Míguez, valora moi positivamente a labor do obradoiro, non só por permitir a formación de persoas que se atopan en situación de desemprego senón tamén polos traballos que este alumnado está a realizar tanto no propio Pazo de Pousadouro como na súa contorna coa creación de espazos que se destinarán ao uso dos mais cativos. A escola Maceiras remata en decembro o seu labor aínda que prevé continuar con novos obradoiros no futuro.  

Puri Ferro directora do Obradoiro
A presenza feminina é maioritaria na estcola-taller
Mª José Alonso titora
As cartas ás empresas perseguen facilitar a inserción laboral do alumnado
José Miguez Concelleiro de emprego
O edil destaca o traballo feito na finca do Pazo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará