Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Exposición sobre os dereitos humanos no Multiusos

RR_Noticias

A mostra, na que se fai un repaso da historia da Declaración dos Deritos Humanos dende o 1948 ata a actualidade, inaugúrase ás 20:30 horas de hoxe e poderá visitarse ata o 3 de novembro

Co obxectivo de reivindicar a vixencia e a necesidade de seguir loitando pola consecucións de asuntos tan importantes como a pobreza, a eliminación da pena de morte ou a necesidade de acadar o 0’7% nas políticas de cooperación, chega a Redondela unha exposición conmemorativa da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. A mostra está integrada por varios paneis con texto e imaxes centrados na ética e nos dereitos humanos como sustento do desenvolvemento da sociedade e poderá visitarse no Multiusos da Xunqueira ata o vindeiro 3 de novembro. A exposición, de carácter itinerante, inaugurarase ás 20:30 horas de hoxe e chega ao noso municipio da man das Xuventudes Socialistas. O acto contará coa presenza do alcalde de Redondela Xaime Rei, e do rexedor de Vigo, Abel Caballero.

Isaac Araujo Xuventudes Socialistas
Os paneis que integran a mostran fan un percorrido polos logros dos dereitos hmanos dende a súa declaración no 1948

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará