Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello celebra a Semana Mundial contra a Pobreza cunha aula aberta de filosofía

RR_Noticias

A actividade, que se  celebrará este venres no Multiusos da Xunqueira, centrarase na obra de teatro Cachai e nun debate, dirixido alumnos de Bacharelato.

O espectáculo, que está organizado pola Concellería de Educación e Cultura, ten por nome “Cachai” e xirará en torno a noite do golpe de estado de Augusto Pinochet contra o goberno chileno. A obra narra as peripecias de dous mozos perseguidos polos militares, que se perden unha noite dos seus pais, e vense na obriga de vivir durante dous anos dentro dun nicho dun cemiterio chileno. A obra está protagonizada por Adan Rodríguez, David Gómez-Bendito e Juanjo do Rei, con dramaturxia e dirección a cargo de Pepe de Jiménez. Antes da posta en escena da obra realizarase unha presentación así como un debate a posteriori da representación. Con esta actividade, que se celebrará este venres no Multiusosos da Xunqueira, o Concello de Redondela conmemora a Semana Mundial contra a Pobreza instituída polas Nacións Unidas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará