Hoxe é Venres 15 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música clásica no Multiusos coa actuación da orquestra Ensemble Vigo 430

RR_Noticias

Hoxe será a música de Reveriano Soutullo a que soe no auditorio interpretada pola Banda de Música de Redondela e a Xuvenil de Chapela nun concerto que comezará ás 20:30 horas  

Arranca mañá sábado a terceira edición do programa MusiCámara coa actuación da agrupación Orquestra Vigo 430. Unha formación que reúne no seu repertorio música de diferentes épocas, autores e estilos, destacando o seu achegamento á música do século XVIII e XIX. Deste xeito, a Orquestra adopta unha formación sinfónica ou de cámara, cun número mais reducido de instrumentistas para adecuarse mellor á interpretación da música barroca. O ciclo continuará o sábado 24 de outubro coa actuación do trío Coruña Bras, cun repertorio que abrangue dende a música do renacemento, barroco, romanticismo e diferentes tendencias do século XX ata a música de vangarda Finalizará o día 31 co cuarteto de corda clásico Mondello Quartet cun repertorio que se centra no Clasicismo, mais concretamente nos cuartetos de corda de Mozart, Haydn e Arriaga. Reveriano Soutullo no Multiusos A Banda de Música de Redondela e a Xuvenil de Chapela serán hoxe as protagonistas dun concerto dedicado ao mestre Reveriano Soutullo. A actuación, que terá lugar ás 20:30 horas no auditorio do Multiusos da Xunqueira está organizada pola Fundación Reveriano Soutullo en colaboración coa concellería de Cultura.

Eduardo Reguera edil de cultura
Tres agrupación clásicas pasarán polo Multiusos durante o mes de outubro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará