Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello pon a disposición dos veciños un autobús para acudir á protesta convocada pola Plataforma Queremos galego

RR_Noticias

O autobús, financiado por Normalización Lingüística, sairá as 10 horas do domingo dende a depuradora de Redondela con regreso dende Santiago ás 14:30. É preciso anotarse no teléfono 986 402842 ou no enderezo electrónico normalización@redondela.info

A Concellería de Normalización Lingüística financiará un autobús para trasladarse o domingo día 18 de outubro á manifestación convocada pola plataforma Queremos Galego en Santiago de Compostela en defensa do idioma. Así o confirmou a edil, Mª Anxeles Babarro quen engadiu que é responsabilidade do seu departamento facilitar o desprazamento daquelas persoas que queiran asistir a esta celebración reivindicativa dos dereitos lingüísticos da poboación galega, tal e como se recolle na Ordenanza municipal de Normalización Lingüística. Este departamento, en mans do BNG, non será a primeira vez que frete un autobús para acudir a unha mobilización a prol da lingua, unha iniciativa que foi duramente criticada dende as bancadas populares no último pleno municipal. Dende o PP acusan aos nacionalistas e ao concello de “financiar con cartos públicos actividades políticas de asociacións privadas” e de actuar de xeito desleal co Xunta ao “promover protestas contra o actual goberno galego”. O autobús sairá ás 10 da mañá do domingo dende a explanada da depuradora de Redondela, e regresará ás 14:30 dende Compostela. Para facer a reserva de praza poden anotarse dirixíndose ao Servizo de Normalización Lingüística por correo electrónico (normalización@redondela.info) ou no teléfono 986 402842.

Anxeles Babarro
Un servizo da concellería de Normalización Lingüística

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará