Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ensemble Vigo 430, primeira das actuacións programadas dentro do MusiCámara 2009

RR_Noticias

Durante tres sábados consecutivos a música clásica regresa ao Multiusos da Xunqueira con concertos que se desenvolverán ás 20:30 horas os días 17, 24 e 31 de outubro

A primeira das actuacións previstas dentro do MusiCámara 2009 será o vindeiro sábado a cargo de Ensemble Vigo 430, unha agrupación formada no ano 2005 co obxectivo de descubrir e promover novos talentos en diferentes campos musicais e artísticos. O seu repertorio abarca diferentes épocas, autores e estilos que fusionan de xeito innovador con outras ramas artísticas como as artes plásticas, escénicas e as novas tecnoloxías.
O día 24 de outubro será a quenda do trío “Coruña Bras” mentres que o cuarteto de corda “Móndello Quartet” será a formación encargada de pechar o programa cunha actuación o sábado 31 de outubro.
Todas as actuacións comezará ás 20:30 horas con entrada de balde. Unha actividade organizada polo Concello de Redondela en colaboración coa Fundación Caixagalicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará