Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música e danza para a mocidade en Soutomaior

RR_Noticias

Guitarra eléctrica e danzas tradicionais de diferentes países do planeta son algunhas das materias que se impartirán nos obradoiros que organiza o Oficina de Información Xuvenil de Arcade
 

A OMIX de Soutomaior ten aberto o prazo de inscrición para participar nos cursos de expresión musical, plástica e corporal que se van impartir nos vindeiros meses no municipio orientados a mozos e mozas maiores de doce anos.
Así, ímpartirase un obradoiro de danza creativa, no que os asistentes aprenderán danzas tradicionais dos diferentes países do globo como a Dança del Rogle, Círculo, Chapelloise, Jogo da Carrasquiña, Belle Kawé, Sauran Bushi, Bailecito Pilo Pilo, Regadinho, Erva Cidreira, Pingacho, Scottisch, Funaná e Farandola.
Unha actividade orientada a mozos de idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos.
Tamén está aberto o prazo para participar nun curso no que se aprenderán nocións básicas para tocar a guitarra eléctrica e finalmente, si o que se quere é aprender a pintar, tamén está aberto o prazo de inscrición no curso de pintura no que haberá tres grupos separados por idades: de 5 a 11 anos, de 12 a 17 e de 18 a 35 anos.
Para participar nalgún dos cursos é preciso anotarse antes do mércores 21 de outubro na OMIX de Arcade ou no teléfono 986 700 822. O custe é de 5 euros para os empadroados en Soutomaior, mentres que os que non o estean deberán abonar 10 euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará