Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Marcha solidaria polo 0’77% chega mañá a Redondela

RR_Noticias

A marcha organizada pola Iniciativa Solidaria polo 0’77% percorrerá mañá os municipios de Soutomaior e Redondela cunha iniciativa que pretende concienciar e mobilizar aos concellos galegos da necesidade de investir en proxectos de cooperación internacional como vía para axudar ao desenvolvemento dos países máis desfavorecidos.

O proxecto consiste en percorrer camiñando diferentes municipios de todo o estado, realizando marchas solidarios de 30 quilómetros de media cada un co lema “Se queremos podemos e xuntos o conseguiremos”. O obxectivo é conseguir que todos os concellos, comunidades e países colaboren aportando o 0’77% do seu orzamento á cooperación nas zonas máis necesitadas do planeta.
Esta fin de semana serán varios os concellos galegos que reciban a visita desta marcha. Está previsto que as dez da mañá partan dende Pontevedra e que cheguen a Soutomaior ao mediodía logo de pasar por Vilaboa. A continuación seguirán cara Redondela onde está prevista unha recepción oficial na porta do concello ás dúas da tarde. Os participantes na marcha continuarán cara Vigo a onde se estima que chegarán ás seis da tarde.
Mais información sobre esta actividades na páxina web www.iniciativa077.es

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará