Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornadas de orientación laboral e autoemprego para mulleres

RR_Noticias

Procurar saídas laborais e dar as mulleres ferramentas axeitadas para realizar esta busca son os obxectivos das xornadas que se desenvolverán a partir do vindeiro luns día 19 e ata o xoves 29 en Redondela

O curso está dividido en dous módulos. No primeiro as participantes recibiran orientación laboral que lles servirá para enfrontarse ao mercado cunha formación precisa. O segundo dos módulos centrarase no autoemprego partindo da idea orixinal da persoa emprendedora ata chegar á posta en marcha da empresa ou cooperativa, con referencias específicas aos trámites burocráticos e administrativos, ás fontes de financiamento e ás axudas e subvencións existentes. As xornadas, de dezaseis horas de duración, están orientadas a mulleres en situación de desemprego, en busca activa de emprego e emprendedoras. Para participar é necesario inscribirse na oficina de servizos socias ou no teléfono 986 408043 antes do venres día 16.

Cristina Piñeiro
A técnica do programa Clara falábanos da formación que recibirán as participantes nestas xornadas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará