Hoxe é Venres 15 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aforrar no fogar, novas prácticas para afrontar os tempos de crise

RR_Noticias

O Centro cultural de Cedeira inicia esta tarde un curso de “Aforro e imaxinación na organización do fogar” no que se impartirán diferentes módulos orientados a proporcionar aos asistentes unha maior autonomía na súa vida cotiá.

Entre os contidos do obradoiro atopamos clases prácticas de cociña e alimentación, nocións básicas de electricidade, coñecementos básicos de costura, tratamento da roupa, organización e hixiene no fogar. Un dos puntos máis novidosos desta actividade, que organiza a Concellería de igualdade e imparte a Aula Sísifo, é o módulo de aforro no fogar, que pretende achegar aos asistentes ferramentas para controlar o gasto e abaratar os custes e que pasan por adoptar comportamentos sinxelos como diminuir o uso das tarxetas -tanto de débito como de crédito- e ter unha maior previsión nos gastos fixos. Esta actividade están enmarcada dentro do programa Compartindo o tempo que pon en marcha a Concellería e que ten por obxectivo implicar por igual a homes e mulleres nas tarefas do fogar como eixo fundamental das políticas de igualdade. Está dirixido a mozos e mozas e impartirase os martes de 19:00 a 21:00 horas e os venres de 19:30 a 22:00 horas. Os interesados poden inscribirse nas oficinas de servizos sociais na rúa isidoro Queimaliños.

Mª Jesús Vengaña
O curso está integrado por cinco módulos
Aforrar no fogar
Medidas sinxelas axudan a controlar o gasto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará