Hoxe é Mércores 17 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pantalán de Cesantes, vítima das precipitacións e dos ventos das últimas horas

RR_Noticias

Meteogalicia activa a alerta amarela ata as seis da madrugada. Poderían repetirse nas vindeiras horas as precipitacións que na xornada de onte deixaban rúas anegadas e caídas de muros e árbores en todo o concello, así como a rotura do xa deteriorado pantalán de Cestantes  

Caídas de muros no Viso e na N-550, caídas de árbores na parroquia de Cedeira, inundacións en varios puntos do concello e o derrube do pantalán de Cesantes son algunhas das consecuencias que se volvían repetir na mañá de hoxe por mor das fortes precipitacións que nos acompañaban nas primeiras horas do día. Unhas inundacións que foron principalmente graves na tarde de onte ao coincidir a pleamar coa caída de 70 litros de auga por metro cadrado en pouco tempo, o que provocou o colapso da rede de pluviais e a inundación da praza da Constitución, a praza de Figueroa e Santa Mariña. Unhas precipitacións que non puido soportar o xa deteriorado pantalán de Cesantes, parte de cuxa estructura se viu abaixo por mor das inclemencias meteorolóxicas das últimas horas. Polo de agora non se espera unha melloría do tempo. Meteogalicia ten activada amarela ante as previsións de que as fortes precipitacións se repitan nas vindeiras horas, que poderían ser especialmente fortes de madrugada.

Antonio Vázquez Saco
Dende protección civil alertan de novas tormentas de madrugada

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará