Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Afúndese a estrada Ernestina Otero

RR_Noticias

Aos problemas provocados pola chuvias das últimas horas, que están a anegar prazas e rúas e provocar o derrube de muros e valados nalgúns puntos do concello, hai que engadir unha complicación a maiores no centro da vila: o afundimento en varios puntos da estrada Ernestina Otero.

Unha das rúa vitais para a circulación polo centro urbano xa onte tivo que ser sinalizada nun dos seus tramos por mor dun afundimento. hoxe continúan os traballos en Ernestina Otero, unha rúa que fora obxecto de obras recentemente para a instalación da rede de sumidoiro por parte da empresa responsable do servizo Aqualia. Durante varias semanas limitouse o estacionamento en diferentes puntos do vial para permitir o paso da circulación. Unha vez rematada a instalación do sumidoiro chegan agora os problema  que poderían deberse ao mal compactado do terreo, o que está a provocar a aparición de fendas, a súa inestabilidade pola penetración da auga e as fochas que están a aparecer nas últimas horas.
Inundación
E a estas horas estanse a repetir inundacións e problemas no tráfico por mor das últimas chuvias. Onte a praza da Constitución, praza de Figueroa e Santa mariña anegáronse na súa totalidade polo colapso da rede de pluviais. Outras das zonas máis afectadas onte foi a zona do Salgueiral, onde efectivos de protección civil estiveron a traballar ata as dúas da madrugada para conseguir que un patio que da servizo a varios edificios desaloxase a auga acumulada no seu interior.
Nas primeiras horas de hoxe, tamén segundo a información aportada pola Policía Local e o servizo de protección Civil temos que falar de inundacións na fonte do Mouro, na rúa Picota e a caída dun muro no Viso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará