Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Policía Local estrea dependencias na Casa do Mar

RR_Noticias

O Concellerio delegado do servizo, Eduardo Reguera, entende que a nova ubicación xunto á comisaría da Policía nacional favorecerá a colaboración entre ambos os dous corpos policiais.

Logo de numerosos atrasos, finalmente na xornada de onte os axentes da policía local de Redondela completaron o traslado ás novas dependencias, recen reformadas, na Casa do Mar en Santa Mariña e abandonaba os baixos do Concello. Un traslado necesario dado que as dimensións das que dispuñan actualmente facíanse pequenas para o número de axentes existentes. As novas dependencias ocupan un espacio de 225 metros cadrados e están dotadas de sala de espera, catro despachos, sala de xuntas e vestiarios separados tanto para homes como para mulleres. A reforma supuxo 84.445 euros aos que hai que engadir 17.000 euros que se gastaron en mobiliario. O concelleiro delegado da policía local, Eduardo Reguera, entende que ademais de necesario por cuestións de espacio, o novo local favorecerá a colaboración entre Policía local e nacional, xa que comparten o mesmo edificio. O espacio que quedará libre nos baixos da Casa Consistorial reformarase para ampliar o arquivo municipal.

Eduardo Reguera concelleiro policía local
Maior colaboración entre os dous corpos policiais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará