Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os responsables das obras do AVE aseguran cumprir o plan de impacto ambiental

RR_Noticias

Os afectados polas obras no Val do Maceiras califican de cinismo a postura da empresa e non desbotan retomar as mobilizacións

Finaliza sen acordo o acto de conciliación celebrado ás dez da mañá de onte no xulgado de Redondela. Alí estaban citados membros da asociación de afectados do AVE, val do maceiras, coas empresas adxudicatarias das obras do tres de alta velocidade. No acto xudicial os veciños demandaban das empresas respostas e solución ás diversas molestias e desperfectos que os traballos están a causas na zona de Santo Estevo como ruídos nocturnos, po, vibracións, seca de mananciais e pozos, vertidos ilegais ao Maceiras e incremento do tráfico pesado. Prexuízos que segundo denuncian se traduce nun empeoramento da saúde dos veciños e un grave risco para os viandantes da estrada nacional 555.
Nembargantes, os representantes das empresas aseguraron estar a cumprir meticulosamente o recollido na declaración de impacto ambiental e fixeron oídos xordos ás queixas veciñais.
Un resultado negativo para os intereses dos veciños que teñen previsto reunirse o vindeiro venres para acordar os novos pasos a seguir por parte do colectivo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará