Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno desbota o terceiro carril na AP-9 ao ao non dotar de partida económica a ampliación da ponte

RR_Noticias

Os orzamentos xerais do 2010 presentados onte pola ministra Elena Salgado no Congreso de los Deputados recollen unha dotación de 300.000 euros para a conexión da autovía A-57 con Vigo

A caída no investimento en infraestructuras afecta directamente a Redondela
O investimento do goberno cae un 30 % na comarca de Vigo e afecta directamente a varias das infraestructuras que están previstas no noso concello xa que deixa sen fondos a ampliación da autoestrada dende Rande ata Teis. Así, a ampliación da AP-9, que incluía a creación dun terceiro carril na ponte de Rande queda polo de agora no caixón. Fomento ten reservado para este proxecto unicamente 20.000 euros baixo o epígrafe “Ampliación da autoestrada do atlántico” unha cantidade a todas luce insuficiente para unha obra que prevía, segundo o anunciado polo anterior presidente da xunta, Emilio Pérez Touriño, a creación dun terceiro carril dende o Morrazo ata Teis.
En canto á autovía A-57 e a súa conexión con Vigo, o Ministerio de Fomento destina un total de 300.000 euros e aposta polo trazado polémico que rexeitan tanto a Xunta, como os gobernos de Pontevedra e Soutomaior e o PP de Redondela así como a Plataforma Cidadá contra a autovía, é decir o coñecido como trazado número 5. Un trazado que partiría dende Arcade en dirección ao aeroporto cunha lonxitude total de 23 kilómetros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará