Hoxe é Mércores 17 de Agosto de 2022
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As administracións eluden dar unha resposta sobre a ampliación da autoestrada AP-9

RR_Noticias

A asoicación de afectados pola ampliación da AP-9 insta ao Ministerio de Fomento e ao goberno galego a que definan proxecto ante a confusión que se vive en Chapela

O presidente da asociación de afectados pola ampliación da AP-9, Francisco Puch critica que nin o goberno galego nin o Ministerio de Fomento lles teña proporcionado información sobre o proxecto de reforma da autoestrada.
Lembra que o pasado mes de xullo solicitaron reunirse co presidente da Xunta, Núñez Feijoo. Nembargantes o xefe do executivo contestoulles que carecía de competencias sobre a autoestrada e convidounos a pórse en contacto co Ministerio de Fomento.
Pola súa banda, no mesmo mes, o titular de Fomento José Blanco, contestoulles que a ampliación corresponde á empresa concesionaria, que se atopaba nun proceso de cambio de dirección.
Puch critica ambas as dúas contestacións que cualifica de “fume” xa que en ningún caso aclaran cal será o futuro da vía. Insta ás administracións a que definan proxecto ante a confusión que se vive en Chapela, parroquia que se vería gravemente afectada no caso de realizarse a ampliación da AP-9 entre a Ponte de Rande e Teis.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará