Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A selección de fútbol sala de Tailandia xoga en Redondela e Soutomaior

RR_Noticias

Os equipos Redondela F.S. e SOAR enfrontaranse ao actual subcampión de Asia na pista da Xunqueira e no pavillón da Montesiña

A selección de fútbol sala de Tailandia, actual subcampiona de Asia, xoga hoxe e mañá contra dous equipos de Redondela e Soutomaior. Este quipo está dirixido por José María Pazos, ex adestrador do Lobelle e o Azkar de Lugo, equipos cos que acadou grandes éxitos. Na súa preparación para a Copa de Asia, chega á nosa comarca, onde medirá esta mesma tarde as súas forzas nun partido amistoso que os enfrontará co equipo local SOAR F.S. O encontro, con entrada de balde, disputarase ás 21:00 horas no pavillón da Montesiña. Mañá venres desputarán un segundo encontro, neste caso na pista da Xunqueira ás 20¨:00 hroas contra o equipo Redondela Fútbol Sala.

José María Pazos adestrador
Os equipo móstrase satisfeito coa xira actual pola península

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará