Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sen vistas de acordo entre a Coral Alvedosa e a dirección do centro sociocomunitario

RR_Noticias

Continuarán coas protestas ata que non teñan garantías de que poderán retomar os seus ensaios no centro da terceira idade unha vez rematen as obras

A Coral Alvedosa acusa á directora, Francisca Canal de manipular ao presidente da formación José Figueroa Lourido “de 85 anos de idade”, para que asinara “un papel en branco” onde supostamente se lles ofrecía un local de ensaio na Casa Do Mar. Os integrantes da coral esixen que sexa a directora do centro quen se comprometa por escrito a que unha vez rematadas as obras que se están a realizar no centro da terceira idade poderán retomar os ensaios no mesmo lugar, tal como veñen facendo dende hai vinte anos. Dende a coral anuncian que seguirán coas súas protestas  ata que a directiva que preside Canal non lles ofreza ese compromiso por escrito e retire a denuncia xudicial que presentou contra catro membros da coral “por supostas ameazas”. O grupo de canto anunciou que acudirá ao pleno municipal que se celebrará a vindeira semana e no que esperan se debata o tema. O pasado luns presentaron un escrito no rexistro municipal solicitando que o goberno local interceda ante a Consellería de Ttraballo e Benestar Social para que se lles garantice o auditoiro do centro social.

Coral Alvedosa
Solicitan un compromiso por parte da presidenta do centro sociocomunitario
Mobilizacións
A formación acudirá ao pleno da vindeira semana

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará