Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela convértese nunha vila máxica na fin de semana

RR_Noticias

Magos de Portugal, Italia, Arxentina e España danse cita no I Encontro Internacional de Maxia que se vai desenvolver na praza da Constitución e no multiusos da Xunqueira

A Asociación de Empresarios, coa colaboración co Concello, a Deputación e a Dirección Xeral de Comercio, organiza este cita que se vai desenvolver os días 25, 26 e 27 de setembro. O programa arrancará coa actuación do bonaerense Adrián Conde quen ofrecerá un espectáculo “Adivina Qué?”, onde o humor e a sátira son os protagonistas. Será ás 19:30 horas na praza da Constitución. No mesmo escenario actuarán o sábado a partir das seis os magos José Crestini e Javi Martín O prato forte será o domingo cunha gala no multiusos da Xunqueira a partir das seis e media da tarde na que se darán cita os ilusionistas Javi Martín, Roi Borrallas, mago Picu, Valería Baritas e Yuri Cardinali vai o mago de cerimonias, o Rei Midas. Espectáculos con cartas ou cartomaxia, xogos con cubos máxicos, transformacións de animais e moito humor na rúas da vila. Escola de maxia A todo isto hai que engadir que este I Encontro Internacional de Maxia contará cunha escola de maxia para os pequenos aprendices de magos que estará aberta  o venres de 18 a 20 horas e o sábado de 11.30 a 13.30 e de 18 a 20 horas. Redondela converterase así nunha vila máxica durante toda a fin de semana  

Javier Fernández mago Rei Midas
Espectáculos para todos os públicos danse cita nesta primeira edición
Escola de maxia
Os cátivos pdoerán tamén aprender os seus propios trucos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará