Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os xogos populares, os talleres de circo e bicicleta, tres das actividades con maior éxito na Foliada

RR_Noticias

Os membros da organización, tanto catalá como galega, valoran moi positivamente o encontro, xa que, segundo apuntan, serviu para intercambiar experiencias e iniciativas así como fomentar entre os visitantes valores responsables de consumo e mobilidade.

Despois de tres días de actividades, a Foliada puña onte pola tarde o peche ao seu programa cun xantar despedida e unha sesión de avaliación. Atrás quedaron os obradoiros, talleres, o mercado de troco e de productos artesanais e ecolóxicos, as exposicións, a visita á Illa de San Simón, así como os concertos, que permitiron coñecer aos asistentes bandas locais de Nou Barrís e de Galicia. Centos de persoas achegáronse ata Redondela desde o venres e ata o domingo para participar neste encontro sociocultural, que celebrou a súa quinta edición por primeira vez en Redondela. Malia que as actividades estaban dirixidas a nenos e adultos, os cativos foron os participantes máis numerosos da Foliada en actividades como o Taller de circo e bicicletas e os xogos populares, pero tamén os concertos acolleron a un gran número de público. Tres xornadas que serviron para asentar os piares da vindeira Foliada, que se organizará en Nou Barrís, así como establecer lazos entre as asociacións e colectivos galegos e barceloneses que servirán para poñer en marcha iniciativas conxuntas.  

Membro organización Catalá
A organización da Foliada fai unha valoración moi positiva dos tres días de atividades.
Membro organización en Cataluña
Os xogos populares os talleres de circo e bicicleta así como os concertos foron as actividades con maior público da Foliada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará