Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP presentará no Parlamento unha proposición non de lei coas queixas dos afectados polas obras do AVE

RR_Noticias

Os deputados provincias do Partido Popular, Ana Pastor, María Ramallo e Jesús Pérez, comprometéronse cos veciños de San Estevo de Negros a velar polos seus intereses en Madrid, esixíndolle ao goberno informes e explicacións polos prexuízos que lle están a causar as obras do tren de alta velocidade no Val do Maceiras.

Os membros do Partido Popular local, xunto aos deputados no congreso pola provincia de Pontevedra, Ana Pastor, María Ramallo e Jesús Pérez, reuníronse o pasado venres cun grupo de afectados polas obras do tren de alta velocidade coa finalidade de escoitar as reivindicacións dos veciños de Cedeira e San Estevo de Negros para plantexalas no Parlamento. Os afectados presentáronlle aos populares un dosier onde se recollen os principais problemas que están a sufrir por mor das obras, que ademais do ruído, da presenza de camións, da seca dos mananciais e o aumento de fluxo de vehículos pesados tamén están a causar, segundo os veciños prexuízos de saúde pública, como alerxias, insuficiencias respiratorias ou estrés. Ademais acusan a empresa de non cumprir coa legalidade ao traballar as 24 horas do día. Os populares comprometéronse na xuntanza a presentar unha proposición non de lei coas reivindicacións dos veciños así como esixirlle ao goberno informes e explicacións sobre as molestias que están a xerar as obras. Pola súa banda os afectados xa presentaron un informe ao defensor do pobo e agora estudan levalo á Unión Europea. Nos vindeiros días tamén celebrarán un acto de conciliación coa empresa onde lle esixirán que cumpran coa normativa e que solucione os problemas que están a provocar as obras, aínda que xa manifestaron, que non teñen moitas esperanzas neste acto. Pola súa parte, o Partido Popular de Redondela insta ao alcalde, Xaime Rei, a reflexionar sobre a cuestión e que actúe con responsabilidade, xa que segundo a voceira do grupo, Francisca Canal, está nas súas mans as accións que se deben levar a cabo para rematar con esta situación.

Marcos Expósito secretario Asociación de Afectados Val do Maceiras.
Exposito explica as principais reivindicácións dos veciños de San Estevo de Negros e Cedeira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará