Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cambios no tráfico a partir do luns polas obras de Vilavella

RR_Noticias

A rúa José Regojo abrirase ao tráfico en ambos sentidos o luns 14 de setembro.

As obras de humanización que se están a realizar na zona de Vilavella obrigarán a desviar, a partir do luns, o trafico de entrada a Redondela. A construcción de beirarrúas na rúa Pai Crespo, desde o Supermercado Día ata o Convento, provocarán o peche da circulación nesta estrada salvo para os vehículos que circulen en dirección a Vigo.  En sentido contrario, cara o centro de Redondela, só poderán pasar os autobuses e pequenos camións de reparto que teñan que acceder ao centro urbano. O seu paso estará regulado polos traballadores que están a desenvolver as obras de humanización, segundo vén de informar a Policía Local de Redondela.
Os vehículos que queiran acceder ao centro da vila terán que facelo a través da rúa Prego Montao, a paralela a Pai Crespo, mentres que os vehículos pesados que se dirixan cara Pazos de Borbén deberán coller a estrada de Nespereira. Para aqueles que se atopen no centro da vila e queiran saír, poderán facelo, como ata o momento, pola subida da Estación, polo Salgueiral ou ben por Pai Crespo. Uns cambios na circulación que se comezarán a aplicar a partir do vindeiro luns.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará