Procedentes na súa maioría do distrito barcelonés de Nou Barris, 162 persoas pasarán este fin de semana na nosa vila para participar na Foliada 2009, reivindicando a autosuficiencia social.
Con espírito cultural e reivindicativo, a comunidade catalá presentaranos a súa cultura tradicional a través de xogos, do circo, o teatro, pasando pola comida, a música, e tamén polas iniciativas que están a desenvolver en materia de mobilidade, consumo responsable e produción ecolóxica. Un intercambio sociocultural que se vén realizando desde o ano 2002 cando se celebrou no distrito de Nou Barris a primeira Foliada. Arestora xa son cinco as edicións deste Festival que cada dous anos leva a galegos e cataláns a cruzar o Estado para xuntarse e intercambiar impresións e mesturar culturas. Desde a organización de Cataluña lembran o espírito libre desta actividade, que nace a marxe de institucións e empresas. Un encontro que segundo afirman quere demostrar que “querer e poder”.