O concello porá en marcha o vindeiro mes dous obradoiros destinados á muller que teñen a música como medio para mellorar a nosa comunicación e socialización. Os cursos son de balde e prácticos.
O concello de Pazos de Borbén oferta dous obradoiros para o mes de outubro dirixidos á muller co obxectivo de mellorar a calidade de vida a través da musicoterapia e as habilidades socias. O primeiro dos obradoiros, que se celebrará o un de outubro na aula da Casa do Concello, terá como obxectivo potenciar o emprego da música e do ritmo como elementos de comunicación, favorecer a interacción e participación social, así como desenvolver a creatividade das asistentes e empregar a música como unha técnica para mellorar a saúde. Para iso durante o curso, que se celebrará de 16.00 a 20.00 horas, as asistentes farán experimentos acústicos con diversos materias, crearán instrumentos caseiros, farán xogos rítmicos e aprenderán a respirar.
O outro obradoiro centrase nas habilidades sociais. A finalidade deste curso que organiza o Concello de Pazos de Borbén en colaboración coa Xunta de Galicia, é fomentar a autoestima, axudar á desinhibición, fomentar a comunicación e as relacións socias a través da música. O obradoiro celebrarase o 15 de outubro. A inscrición é gratuíta e podedes formalizala no Servizos Sociais do Concello de Pazos de Borbén ou no número de teléfono 986 497035.