Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arrinca a Foliada 2009 cao actuación dos Croquetas

RR_Noticias

Ás doce deste medio inaugurouse o programa do encontro sociocultural entre Galicia e Cataluña que achegará a nosa vila a 162 persoas de Barcelona.  

O consumo, a mobilidade, a tradición cultural de ambas comunidades serán tres dos eixes da Foliada, que encherá de actividades a Redondela desde hoxe ás doce do mediodía e ata o domingo, onde as actividades se pecharán cun xantar popular de despedida e unha sesión de avaliación da Foliada. Xogos populares e reivindicativos, obradoiros de xabón, pancartas, así como un taller de reciclaxe e bicicletas, un roteiro pola contorna de Redondela, unha visita á Illa de San Simón son algunhas das  actividades das que poderemos gozar durante estes tres días. Tamén haberá música, con bandas galegas e catalas así como exposicións. Esta tarde teremos a oportunidade de coñecer máis da producción ecolóxica de alimentos, grazas ao “Encontro sobre outra posibilidade de alimentarnos” e á “Xuntanza de colectivos de consumo colectivo”, que se celebra o sábado a partir das 12.00. Unha actividade que tamén nos permitirá coñecer as iniciativas que se están a desenvolver no eido local na produción ecolóxica e onde podemos atopar este tipo de produtos na nosa vila. Reflexión, concienciación pero tamén diversión daranse cita durante estes tres días polas rúas de Redondela.

Salome organización Redondela
Explícanos as actividades que se van celebrar sobre agricultura ecolóxica e consumo responsable.
Víctor horta ecolóxica
Fálanos da súa experiencia como produtor ecolóxico.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará