Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Chapela quéixanse do tráfico

RR_Noticias

Coches estacionados en dobre ringleira, un elevado fluxo de camións que provocan o colapso do centro urbano da parroquia así como a falta de aparcadoiro e de axentes da Policía Local que regulen a circulación son as principais queixas dos veciños.

Os habitantes de Chapela quéixanse dos problemas de tráfico que sufre a parroquia a causa do elevado tráfico de vehículos pesados que circulan polo centro da vila procedentes das empresas situadas na zona, sobre todo de Pescanova. Os veciños denuncian que a Avenida de Vigo non está acondicionada para soportar ese fluxo de vehículos, o que se ve agravado, segundo afirman, pola falta de axentes da policía local que regulen o tráfico durante as horas de máis circulación de camións.  Os chapelás tamén se queixan pola dobre ringleira, o que fai que os vehículos teñan que esquivar aos coches que están estacionados o que se ve agravado no caso dos camións, provocando o colapso do centro de Chapela. Un problema, que segundo subliñan vén orixinado pola falta de aparcadoiro que sufre a vila. Porén solicitan ao goberno que tomen medidas que solucionen o problema de circulacións de camións, que veñen denunciando dende hai anos, así como os ruídos que xeran. Ademais de que nas horas puntas axentes da policía local regulen o tráfico para darlle maior fluidez.

Queixas camións
Os veciños denunia que o elevado fluxo de camións provoa importantes prexuízos na zona.
Queixas falta policía
Os veciños esixen unha maior presenza policial polas rúas de Chapela para evitar os problemas de tráfico.
Queixas falta aparcadoiro.
Os veciños denuncian que non hai sitio onde aparcar e que a xente estaciona en dobre ringleira.
Queixas circulación
Os veciños piden unha maior presenza policial.
Queixas tráfico
Os veciños denuncian o elevado tráfico que soporta o centro urbano de Chapela que provoca importantes retencións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará