Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os afectados polas obras do AVE exporanlle á Unidade de Estradas do Estado o perigo que sufren os veciños.

RR_Noticias

Máis de 300 persoas, segundo os organizadores, percorreron onte a N-555 ata a rotonda de Vilavella para denunciar os prexuízos que están a causar as obras de alta velocidade no Val do Maceiras: ruídos, po en suspensión, a seca dos mananciais e un elevado fluxo de vehículos pesados que pon en risco aos veciños. 

Baixo o lema “Sen auga, sen vida e sen esperanza. Basta Xa¡” centos de veciños de Cedeira e San Estevo de Negros, convocados pola Plataforma de Afectados do Val do Maceiras, volveron saír a rúa para pedirlle ás autoridades o seu compromiso coas reivindicacións que desde hai meses veñen solicitando. Malia que as obras non son competencia do Concello os veciños pídenlle o seu apoio e a súa colaboración, xa que as obras están a provocar graves prexuízos para as parroquias afectadas, sobre todo a aqueles veciños cuxas vivendas están situadas máis preto do Val do Maceiras. O po en suspensión, o ruído das obras, que incumprindo o establecido estanse a desenvolver pola noite, o que xa obrigou a algúns veciños a ter que durmir noutros lugares, a seca dos mananciais, que deixou sen auga a algunhas vivendas das zonas afectadas e o aumento de tráfico de vehículos pesados por unha estrada que non cumpre as condicións mínimas para garantir a seguridade dos veciños, ao carecer de beirarrúas, son as principais reivindicacións dos afectados. Porén xa anunciaron que nas vindeiras datas poranse en contacto coa Unidade de Estradas do Estado, dependente do Ministerio de Fomento, para polos en coñecemento do que está a acontecer no Val do Maceiras e os perigos que corren os veciños da vila. A protesta estivo apoiada pola Plataforma contra a Autovía que considera as obras do eixe Atlántico no Val do Maceiras tan só un exemplo de todo o malo que está traendo a Redondela os proxectos do Ministerio de Fomento. Míguez denuncia que as obras non respectan o entorno natural de Redondela e que se está tentando vender como progreso a perda de recursos como a auga, a paisaxe ou os montes de Redondela.    

Carlos Covelo Presidente Asociación de Veciños de Cedeira.
Covelo pide as autoridades o seu compromiso coas reivindicacións dos veciños de Cedeira e San Estevo de Negros.
Florentino Míguez Plataforma contra a Autovía
Florentino considera as obras do AVE tan só un exemplo dos proxectos de Fomento que estan prexudicando a Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará