Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Francisca Canal acusa ao director da coral do conflicto xerado pola la falta de espazo onde ensaiar

RR_Noticias

A directora do centro da Terceira Idade, afirma que a coral como asociación privada con NIF e ingresos ten que buscar o seu propio local e solicitalo seguindo os protocolos establecidos polo centro, algo que o Director da Coral, Jesús Martínez, sabe pero non cumpre, segundo Canal.    

Os membros da coral volveron presentarse onte ás sete da tarde no centro sociocultural de Redondela para ensaiar, ao igual que levan facendo desde hai dúas décadas, pero como xa acontecera a pasada semana o persoal do centro e a súa responsable, Francisca Canal, non lles deixaron pasar aseguraron que na actualidade, non dispoñen dunha sala onde poidan estar, xa que as instalacións se atopan en obras. A pasada semana os 43 membros da formación musical acusaba a directora do centro de impedirlle ensaiar por un problema persoal cun dos membros da formación, algo que Canal nega rotundamente e asegura que o único problema que existe é a falta de espazo. Onte os empregados do centro entregábanlle unha solicitude aos membros da coral para que formalicen a súa petición de sala. Un protocolo de actuación, que segundo Francisca Canal están obrigados a realizar e que terá que ser aprobado pola delegada territorial de Vigo, Lucía Morales. Un trámite que segundo a responsable do centro o director da Coral e da Banda Municipal, Jesús Martínez, coñecía pero que non cumpriu. Os coñentes da coral negáronse a cubrir a solicitude xa que afirman que teñen o mesmo dereito que o resto dos xubilados a empregar as instalacións sen ningún tipo de trámite previo ao igual que levan facendo desde hai máis de vinte anos. Os afectados negan que sexa a falta de espazo a causa de que non poidan ensaiar no centro e afirman que se trata de cuestións persoais e que Francisca Canal quere cederlle a sala onde ensaian a outra agrupación. Onte, segundo afírmana a directora, o comité do Centro da Terceira Idade reuníase para tomar unha decisión sobre o problema mentres que os compoñentes da coral xa anunciou que recorrerán á Consellería de Benestar se non se lles proporciona un espazo onde poder ensaiar.    

Francisca Canal
A directora do centro da Terceira Idade de Redondela culpa ao director da coral do conflicto xerado.
Jesús Martínez director da Coral Alvedosa
Martínez acusa a coral de querer botalos do centro despois de dúas décadas ensaiando nel.
Membros da Coral
Os compoñenes da formación acusan a Francisca Canal de non querer falar con eles.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará