Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Foliada reflexionará sobre o modelo territorial

RR_Noticias

A posta en común dos problemas existentes en canto a mobilidade e ordenación territorial en Redondela e Barcelona así como as principais iniciativas que se están a pór en marcha en ambas cidades serán algunhas das cuestións que se abordarán neste encontro-sociocultural.

Os intereses políticos están facendo que se desenvolva un modelo territorial que non responde ás necesidades dos cidadáns senón a intereses económicos. Esta será unha das teses que se expoñan no encontro sobre mobilidade que se vai celebrar o sábado, 12 de setembro, dentro do programa da Foliada 2009, que este ano se celebra en Redondela. Os participantes presentarán os principais problemas que están a sufrir en canto a mobilidade e ordenación do territorio a cidade de Barcelona e Cataluña, en xeral, así como Redondela e Galicia, así como as iniciatias que se están a levar a cavo desde distintos colectivos para paliar os seus efectos. Unha posta en común de ideas e iniciativas que pretende facer reflexionar aos asistentes sobre o modelo vixente na actualidade. A modo de exemplo do que está a acontecer coa xestión do territorio, o sábado a partir das 10.30 horas celebrarase un roteiro que partirá da gasolineira de Amoedo ata a Igrexa de San Martiño, onde os asistentes poderán contemplar as principais infraestructuras que están a afectar ou afectarán a nosa vila, como as obras do AVE, a autovía A-57, o polígono industrial de Chan das Pipas. Un xeito de que os asistentes poidan comprobar de primeira man o que está acontecendo en Redondela, segundo nos comentaba, Florentino Míguez, da Plataforma contra a Autovía, quen asegura que con este percorrido os participantes darase conta da realidade que afecta ao concello.O autobús partira da explanada de Seragua as 10.30 horas e regresará ao mesmo lugar sobre as 13.00 horas para o xantar.

Victor Cabral mobilidade
A Foliada fomentará o debate sobre o modelo territorial vixente e a necesidade de cambialo.
Florentino Míguez fálanos do Roteiro.
O Roteiro comezará o sábado12 de setembro a partir das 10.30 horas na gasolineira de Amoedo e permitirá coñecer boa parte das infraestructuras que van pasar por Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará