Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela beneficiarase do 1.200.000 euros que investirá a Xunta na mellora do Camiño Portugués

RR_Noticias

A roza e limpeza do camiño ao seu paso pola nosa vila, o recheo de material de drenaxe, a  formación e pasais de pedra, o lousado de pedra granítica, así como a apertura e limpeza de cunetas e formación de pasos de auga serán algunhas das actuacións que desenvolverá entre este ano e o 2010 a Consellería de Cultura e Turismo co gallo do Xacobeo 2010.
 
 

Onte o Conselleiro de Cultura, Ricardo Varela e a Secretaria Xeral para o Turismo, Carmen Pardo, reuníronse en Santiago cos alcaldes polos que discorre o Camiño Portugués, entre eles Xaime Rei, para exporlle as actuacións do Plan corrector dos Camiños de Santiago, que foi aprobado o pasado 22 de xullo. No plan, elaborado en colaboración cos concellos que se inclúen nas distintas rutas, a Asociación de Amigos do Camiño, entre outros, expóñense os problemas máis urxentes do Camiño e unha serie de actuacións específicas como a recuperación do medio físico, sinalización ou rehabilitación de albergues. As melloras realizaranse nos Camiños de Fisterra-Muxía, no Francés e Portugués, pero a Consellería de Cultura comezará as melloras por este último concretamente polas tramos que discorren polo concello de Redondela, Tui, Pontevedra e Barro, xa que os considera prioritarios. No camiño que pasa por estes concellos procederá a roza e limpeza, ao recheo de material de drenaxe e aporte de zahorra, formación e pasais de pedra, lousado de pedra granítica, apertura e limpeza de cunetas e formación de pasos de auga. O plan corrector tamén contempla actuacións nos albergues que terán como obxectivo mellorar e conservar o equipamento das instalacións e a conservación das mesmas. Ademais habilitarase, na Ruta Portuguesa un tramo accesible para persoas con mobilidade reducida que estará en funcionamento no 2010. O orzamento previsto para estas obras é de 1.200.000 euros que se verán incrementados coas actuacións que se executen no Camiño Portugués pola Costa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará