Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xa se pode solicitar a praza para participar na visita á Illa de San Simón que organiza a Foliada

RR_Noticias

Os asistentes poderán gozar dunha visita guiada pola Illa na que se fará un percorrido pola súa historia e participarán nunha mesa redonda onde varios especialistas abordarán a súa inclusión na Rede Natura 2000: as oportunidades, retos e ameazas que supón para a Enseada    

A Enseada de San Simón tamén será protagonista do encontro sociocultural entre Galicia e Cataluña que se celebra desde o venres e ata o domingo en Redondela. Coñecer a nosa riqueza natural e valorar o que temos máis próximo será unha das oportunidades que nos ofreza a Foliada 2009. Deste xeito a que fora residencia de relixiosos, lazareto, cárcere, albergue da garda de Franco e residencia de orfos de mariñeiros será protagonista da mañá do domingo dentro da Foliada. A visita comezará ás 9 da mañá do 13 de setembro, hora á que partirá o barco desde o porto de Cesantes. Á chegada á Illa realizarase unha visita guiada afondando na historia deste emprazamento natural para despois asistir a unha mesa redonda onde se debaterá e se exporán os retos, oportunidades e perigos que supón a inclusión da Enseada de San Simón dentro da Rede Natura 2.000. Distintos especialistas na materia, como Gonzalo Puertas, Xefe de Área de Espazos Naturais da Consellería de Medio Rural, Antonio Lores, Presidente da Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón ou Pilar Marcos responsable de costas da asociación ecoloxista Greenpeace, achegarán a súa visión sobre a Enseada de San Simón, para que os asistentes poidan reflexionar sobre o presente e futuro deste espazo de gran riqueza natural. Para participar na visita hai que reservar praza no barco. O prazo de solicitude comezou hoxe mércores e rematará este venres 11 de setembro. As reservas pódense facer a través do número de teléfono 986 401713 ou tamén na Oficina de Turismo de Redondela situada na Alameda.    

Bea Fervenza membro da Foliada.
Na visita farase un percorrido pola historia da Illa e celebrarase unha mesa redonda sobre os retos oportunidades e ameazas da inclusión da Enseada na Rede Natura 2000.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará