Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dous feridos e varios animais mortos ao envorcar un camión sobre un galpón no Pregal

RR_Noticias

A dona da vivenda, de 56 anos, que estaba cociñando nese momento no galpón, sufriu tan só feridas leves. A causa do accidente a estrada N-555estivo cortada nun dos seus sentidos durante máis de 3 horas o que provocou importantes retencións nos accesos ao centro de Redondela.    

O suceso acontecía sobre as 14.00 horas de onte cando un camión cisterna estaba a limpar os restos acumulados das obra do AVE na estrada N-555. Segundo informacións de Protección Civil a causa puido ser que unha das rodas do camión se enganchara na cuneta o que fixo que o conductor perdera o control do vehículo precipitándose por un desnivel de cinco metros. O vehículo caeu riba dun galpón situado no número dous do barrio do Pregal en San Estevo de Negros que quedou totalmente destruído. No seu interior atopábase unha muller que saíu despedida polo impacto e quedou ferida, aínda que de carácter leve. A muller, que nese momento estaba preparando o xantar, foi trasladada ao Hospital Xeral, mentres que o conductor do camión, de 28 anos, resultou ferido leve e puido saír polo seu propio pé. Malia todo recibiu atención médica no hospital Fátima de Vigo. No galpón ademais da muller tamén había cabras, ovellas, e outros animais, que quedaron baixo os amasillos, o que provocou a morte de varias ovellas, cabras, cabritos, un porco, un becerro e varias galiñas. A consecuencia do accidente un dos carrís da N-555 permaneceu cortada desde as 14.00 ata as 15.30 horas, momento en que se reanudou a circulación en ambos os sentidos ata as seis da tarde cando comezaron os labores de rescate do camión que se prolongaron durante dúas horas devido a dificultade da situación, xa que o vehículo se atopaba a cinco metros de desnivel e dado a volta. Pouco despois das oito da tarde de onte os dous carrís da N-555 abríronse ao tráfico.    

Protección Civil
Un dos membros de protección civil explica os detalles do accidente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará