Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os empresarios acusan ao goberno local de non paliar os efectos das obras de humanización

RR_Noticias

A asociación de empresarios critica ao Alcalde de Redondela e ao Concelleiro de Urbanismo por atrasar a posta en marcha das medidas acordadas entre a Asociación e o Goberno Local para diminuír os prexuízos que as obras de humanización están a ter no comercio e hostalería local.

O pasado 14 de xullo representantes da Asociación de Empresarios de Redondela reuníronse co rexedor local, Xaime Rei e o Concelleiro de Urbanismo, Emilio González Iglesias, para abordar os efectos das obras de humanización no sector empresarial local. Da xuntanza saíron varias propostas, entre elas, dotar dunha maior área de aparcadoiro público ás zonas afectadas polas obras aproveitando novas zonas públicas e restructurando e acondicionando outras, pero a Asociación de Empresarios denuncia que un mes e medio despois aínda non se puxeron en marcha ningunha das medidas acordadas, polo que lle esixen ao goberno local unha xustificación.
A Asociación asegura que as obras, que se iniciaron a finais do mes de xuño e que segundo apunta, non están avanzando ao ritmo esperado, están provocando unha situación insostible tanto para o comercio como para a hostalería da vila, que unido a crise económica, están obrigando a algúns establecementos, sobre todo aos situados na rúa José Regojo, a pechar as súas portas.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará