Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

IX Festas das Chulas en Moscoso

RR_Noticias

A festa gastronómica adicada a esta tradicional sobremesa celébrase este domingo en Pazos de Borbén. haberá música cos Trasnos de Moscoso e o encargado de ler o pregón será o caricaturista galego Michel Casado, quen mostra a súa obra nunha exposición no Centro Cultural da parroquia.

 

Moscoso acolle este domingo día 6 a IX edición da festa da chula. Unha sobremesa típica galega que en tempos difíciles foi o principal sustento de moitas familias na zona que vivían do campo e que tiñan á súa disposición os produtos necesarios para a elaboración das chulas: ovos, leite, fariña de millo e algo de azucre. A masa que resulta destas mestura frítese en aceite, resultando unha sobremesa semellante á filloa pero máis grosa.
Este domingo, e por noveno ano consecutivo, os veciños de Moscoso celebran esta festa gastronómica, na que os comensais ademais de chulas poderán degustar polbo, paella, churrasco, empanadas e queixos.
Haberá ademais música, a cargo do grupo local os Trasnos de Moscoso e acudirá como invitado especial e pregoeiro, o caricaturista galego Michel Casado. Os visitantes poderán visitar no Centro Cultural de Moscoso a exposición de Casado que leva por título “Galicia en Caricaturas” que pasou xa polo Centro Social Caixanova en Vigo e a sede de turismo da Deputación de Pontevedra. Uns cadros nos que Casado retrata cunha mirada moi especial a políticos, deportitas, cantantes e outros personaxes entre os que atopamos a Iván Ferreiro, Rouco Varela, Abel Caballero ou Oscar Pereiro.
O ano pasado acudiron a esta celebración un milleiro de persoas, cifra que esperar repetir dende a organización.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará