Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Malestar na Coral Alvedosa por negarlle a entrada á sala de ensaio do Centro da Terceira idade

RR_Noticias

Acusan á directora do centro, Franscisca Canal, de actuar de xeito caprichoso e aseguran que o problema responde a unha vinganza persoal de “Canal contra un dos integrantes da coral”

Os 43 compoñentes da Coral atopáronse onte cunha desagradable sorpresa cando, logo das vacacións de verán, se achegaron ao Centro social para retomar os seus ensaios qu desenvolven os luns e mércores en horario de tarde, de 19:00 a 20:00 horas. Unha vez na porta impedíuselles a entrada “sen previo aviso e alegando que se están a realizar obras no edifico”. Os membros da coral critican que non se lles informase e non se lles proporcionase un local alternativo onde seguir cos ensaios como levan facendo dende hai máis de dúas décadas. Rosa Martínez, directiva do centro mostrábase indignada co trato recibido “xa que solicitamos unha reunión coa directora do centro, Francisca Canal, e non nos recibiu”. Acusan á directora de actuar de “xeito caprichoso e como vinganza persoal contra un dos integrantes” da formación. Asegurou incluso que nalgunha ocasión se sentiron ameazados por Canal, a quen acusan de estar intentando desfacer a coral. Os membros da coral acudirán novamente ao centro o luns ás sete da tarde para ver si lles dan unha solución ao seu problema e non desbotan achegarse a Santiago para denunciar o sucedido ante a Consellería de benestar social. Lembran que se trata dunha actividade de ocio da que participan máis de 40 persoas todos eles maiores de 65 anos.  

Jesús Martínez
O director da coral critica que se lles impedise á enttrada á sala de ensaio
Rosa Martínez
Acusan á directora do centro de actuar de xeito caprichoso

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará