Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rap con Beatus Ille nas terrazas do Meixón Frío

RR_Noticias

O grupo presentará as nove da noite algúns dos temas do seu último disco “Modium” nun concerto incluido na programación do Meixón Music’09

A agrupación Beatus Ille presenta a súa música rap e hip-hop nun concerto que vai ter lugar hoxe ás 21:00 horas nas terrazas de Meixón Frío. Poderanse escoitar neste concerto os temas incluídos no seu último disco que leva por título Médium. Un traballo que contén 18 temas gravados en galego, castelán e inglés, nos que fan variacións de Rap que van dende unha modalidade máis doce ata outros temas máis duros. O disco foi gravado coa colaboración da Concellaría de Participación Cidadá do Concello de Redondela. Este grupo naceu no ano 2003 e tras variacións na súa formación, actualmente compóñeno membros de Redondela, Pontevedra e Pazos de Borbén. Phanatico, Teghotta, Mexhalized e Skrabel son hoxe os catro integrantes de Beatus Ille.

Pili García
Beatus Ille presenta o seu novo traballo no Meixón Music

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará