Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rajoy abrirá o curso político do PP o sábado en Soutomaior

RR_Noticias

O Castelo de Soutomaior acollerá este sábado o inicio de curso político, coa presencia do presidente do partido, Mariano Rajoy, e do líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo. Asistirá tamén ao acto o alcalde da localidade, Agustín Reguera. Por cuarto ano consecutivo os populares elixen Galicia para abrir o curso.

O líder dos populares, Mariano Rajoy, abrirá este sábado día 29 de agosto o curso político cun acto no Castelo de Soutomaior onde estará acompañado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.
Coa vista posta nas municipais do 2001, Rajoy e Núñez retomarán a actividade logo das vacacións de agosto co obxectivo de consolidar nos vindeiros comicios locais “o apoio recibido polo partido nas dúas últimas citas electorais, as autonómicas do pasado mes de marzo onde o PP recuperou o goberno da xunta, e as europeas de xuño.
Este é o cuarto anos consecutivo no que o máximo dirixente do PP abre o curso político en Galicia xunto ao líder dos populares galegos. Ao acto do sábado acudirán as xuntas directivas rexional e provincial do PP, ademais de membros nacionais do partido. Estará presente tamén o alcalde de Soutomaior,  Agustín Reguera e o presidente da deputación, Rafael Louzán.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará