Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños de Negros, Cedeira e Vilar cortan o acceso ás obras do AVE no Val do Maceiras

RR_Noticias

Os afectados concentráronse ás 18:30 horas de onte na entrada das obras e durante máis de media hora impediron o acceso de camións e traballadores á obra. As protestas continuarán o día 7 de setembro, data na que está convocada unha manifestación que percorrerá a N-555.  

Uns 150 veciños das parroquias de Santo Estevo, Vilar e Cedeira concentráronse na tarde de onte na entrada das obras do tren de alta velocidade para protestar e esixir que se minimicen os prexuízos que están a sufrir dende que se iniciaran os traballos. Ruídos ás 24 horas, po en suspensión, incremento do tráfico pesado, deterioro medioambiental do Val e fontes centenarias que quedan sen auga, son algunhas das denuncias que de xeito reiterado fan os afectados. Marcos Expósito, membro da asociación de afectados lembra que dende o inicio dos traballo a empresa responsable das obras do Eixo Atlántico está a incumprir a declaración de impacto ambiental. O po en suspensión e os ruídos nocturnos son algúns dos problemas que máis están a afectar aos veciños. O descanso nocturno é de moi mala calidade e empeorou aínda máis coa entrada en funcionamento da fábrica de doelas segundo explicaba José Manuel un dos veciños que viven preto das obras Outro dos prexuízos que sofren os veciños é o tráfico, que se viu incrementado sobre todo no que se refire a camións e vehículos pesados que entran e saen do Val con conseguinte incremento na inseguridade vial nunha estrada, a N-555, que carece de beiravías e beirarrúas. Comisión de seguimento A concentración de onte foi tan só o inicio dun calendario de mobilizacións. Os veciños teñan solicitada xa ante a Subdelegación do goberno permiso para unha manifestación o vindeiro día 7 de setembro ás 19:30 horas. A protesta percorrerá a N-555 ata a rotonda de Vilavella. Pola súa banda, a Federación de Asociacións de veciños critican que a pesar de ter solicitado en numerosas ocasións a xuntanza da Comisión de seguimento das obras do AVE, que preside o edil Emilio González Iglesias, esta segue sen convocarse.

Marcos Expósito deterioro do Val
A asociación de afectados denuncia o incumprimento do estudio de impacto ambiental
Carlos Covelo manifestación día 7
A AVV de Cedeira convoca unha manifestación o día 7 na N-555
José Manuel ruidos
O ruido das obras impide o descanso nocturno dos veciños
Manuel o po en suspensión
O po é un dos grandes problemas para os que viven máis preto das obras
Marta Rodríguez inseguridade vial
O tránsito de vehículos pesados provoca preocupación nos pais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará