Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración en Santo Estevo contra as obras do AVE no Val do Maceiras

RR_Noticias

Veciños de Santo Estevo de Negros e Cedeira concéntranse mañá ás 18:30 no Val do Maceiras para protestar polas obras do tren de alta velocidade e facer visibles os prexuízos que está a sufrir dende que se iniciaran os traballos: ruídos, po e incremento do tráfico pesado

  A situación das obras que os veciños veñen denunciando nos últimos meses, lonxe de mellorar empeorou nas últimas semanas. Así o asegurou o secretario da Asociación de Afectados, Marcos Expósito, quen afirma que aos ruídos nocturno, o po en suspensión e a trasfega de camións hai que engadir agora os numerosos mananciais que secaron por mor das obras. As persoas que viven pretos do Val son as máis afectadas, pero os prexuízos afectan tamén á parroquia de Cedeira e concretamente ao barrio de Eira Pedriña. A estrada que cruza este barrio, a N-555 que comunica Redondela co aeroporto de Peinador, experimentou nos últimos tempos un incremento importante no tráfico pesado. Camións que de xeito continuado parten dende o Val, cargados con cascallos das obras, en dirección a Mos. Un tráfico que ademais de por en risco a vida dos peóns que circulan por esta estrada, que carece de beirarrúas, vai deixando tras de si un regueiro de po e barro que afecta a todas as vivendas que se atopan á beira do vial. Para protestar por todas estas molestias os veciños concentraranse mañá ás 18:30 horas na entrada das obras do AVE nunha mobilización á que están chamados a participar todos os afectados. A asociación Val do maceira celebrará o vindeiro mes de setembro o acto de conciliación ao que están as empresas que traballan nesta obra.

Marcos Exposito asociación Val do Maceiras
Os prexuizos das obras incrementáronse nas últimas semanas
Carlos Covelo AVV Cedeira
A N-555 está a sufrir a trasfega continuada de vehículos pesados

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará