Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Entroido de verán repartirase en tres escenarios

RR_Noticias

A Foliada’09 asume a organización de boa parte das actividades que se van desenvolver en Redondela o vindeiro sábado co gallo do Entroido de Verán. Haberá música, xogos populares, concurso de disfraces e un xantar popular

Nesta XII edición atopamos novos organizadores, xa que mentres o concello decidiu reducir notablemente a súa presenza, organizando tan só actividades para os máis cativos na praza da Constitución, o colectivo Foliada’09 súmase ao Entroido de Verán cunha completa programación que se vai desenvolver na praza da Casa da Torre. Haberá música, concurso de disfraces e un xantar popular no que polo módico prezo de 8 euros os asistentes poderán degustar churrasco, empanada e rosquillas. Incluso os que se anoten previamente nos locais Xan Carallás, a disco Tasca ou o pub Trisquel recibirán polo mesmo prezo un prato de salpicón a maiores. A festa arrancará xa as doce do mediodía cunha sesión vermú amenizada por un Dj e continuará durante toda a tarde con xogos populares para maiores, a música da charanga Os quíntelas e un peculiar concurso de disfraces onde se recoñecerán aqueles atavíos máis palleiros e con maior pedigree. Tamén recibirán premio os que leven o disfrace máis tapado e o máis descuberto. Algúns bares da vila súmanse tamén a esta celebración coa colocación dunha barra no campo da feira. Con esta acción a organización da Foliada, composta por diversas asociacións e colectivos da vila, conta recaudar fondos e voluntariado para levar a cabo o Festival no mes de setembro, un intercambio cultural entre Galiza e Catalunya que ateigará Redondela os días 11-12-13 con actividades culturais alternativas vindas de toda Galiza e de Catalunya.

Salomé Cabaleiro
Un xantar popular por 8 euros na Casa da Torre
Actividades variadas
Música xogos populares e un concurso de disfraces

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará