Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

II Xuntanza de Mulleres de Soutomaior

RR_Noticias

O CIM ten aberto ademais o prazo de inscrición para participar en dous obradoiros de autoestima e sexualidade que se van iniciar no vindeiro mes de setembro

O Centro de Información á muller de Soutomaior organiza mañá xoves a II xuntanza de mulleres que espera conta con máis dun cento de participantes.
As actividades previstas consistirán nunca excursión ás termas de Mónçao con saída ás nove da mañá dende Arcade. Unha vez no balenario as participantes contará con hora e media para gozar das diferentes actividades que ofrecen as termas, lugar no que tamén se celebrará o xantar
Xa pola tarde e de regreso a Soutomaior haberá unha parada na fortaleza de Valença.
As interesadas poden achegarse ao CIM de arcade ou informarse no teléfono 986 701227
Obradoiros de autoestima e sexualidade
O CIM ten aberto ademais o prazo de inscrición para participar en dous obradoiros que se van iniciar no vindeiro mes de setembro.
Pro unha banda un obradoiro de educación para a saúde, autoestima e autovaloración que se vai impartir dende o 16 de setembro ata o 11 de novembro. Ás asistentes achegaráselles nestas aulas as ferramentas necesarias para fortalecer o noso coidado desde un aspecto integral que englobe o benestar físico, psíquico e social.
No obradoiro “Atrévete a sentir” abordaranse cuestións relacionadas coa sexualidade traballando cos desexos, identidade, roles sexuais e relacións.
As interesadas deben inscribirse ante do 30 de setembro no CIM

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará