Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Catorce clubs participarán na XXIII Bandeira Concello de Redondela

RR_Noticias

Os equipos repartiranse máis de 6.000 euros en premios.

Este sábado a parroquia de Chapela acolle a XXIII Bandeira Concello de Redondela de Traiñeiras. Unha competición que está organizada polo Club de Remo desta parroquia e na que participarán catorce equipos de toda Galicia entre os que partirán como favoritos o club Mecos e o Amegrove da vila pontevedresa do Grove, o Chapela o Cabo de Cruz de Boiro, o Náutico de Vigo e o Perillos orixinario de Oleiros en A Coruña.
Os equipos participantes repartiranse seis mil euros en premios. Así o primeiro clasificado obterán preto de 800 euros, os segundos, 684 e os terceiros 584. Os catorce equipos verán premiada a súa participación economicamente, con independencia do posto que ocupen. Deste xeito os que queden de últimos e antepenúltimos recibirán 274 euros. Ademais dos 800 euros o primeiro clasificado recibirá unha bandeira, o patrón que realice a mellor ceavoga un trofeo, ao igual que o resto de participantes.
A proba, clasificatoria para a Liga Galega de Traiñeiras disputarase este sábado a partir das 11.00 horas en Chapela. O domingo, a seguinte proba deste fin de semana, disputarase en Perillo onde se celebrará a XIX Bandeira Concello de Oleiros a partir das 11.30 horas.
Os remeiros de Chapela confían en poder acurtar distancias nestas dúas probas co Náutico de Vigo, o segundo da clasificación, con 4 puntos de vantaxe e co líder da categoría o Cabo da Cruz , gran favorito da xornada, con 124 puntos. Malia todo tanto o club como o concelleiro de Deportes, Carlos González Fernández, confían en que ao igual que o pasado ano a XXIII Bandeira de Redondela poida quedar na casa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará