Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG insta á Xunta a que se pronuncie sobre o futuro da Illa de San Simón

RR_Noticias

Os nacionalistas denuncian que as obras postas en marcha pola Consellería de Cultura na pasada lexislatura permanecen “paralizadas e en estado de abandono absoluto”.

O Bloque Nacionalista Galego afirma que os grupos políticos non dispoñen de información sobre o futuro das obras que se iniciaron hai catro anos na Illa de San Simón nin cal vai a ser o uso deste conxunto. Porén instan á Xunta a que se pronuncie sobre a Illa e defina cal vai a ser a súa finalidade. Os nacionalistas afirman que os actos, inauguracións e remodelacións feitas polos populares nalgunhas das edificacións da Illa responderon só a unha estratexia electoral do Partido Popular e non ao seu interese por rematar as obras.O BNG insta á Xunta a que defina uns prazos concretos e definitivos para o remate destes proxectos xa que poderían reportar un importante beneficio para Redondela tanto no eido ecolóxico, histórico, acuícola e turístico. A formación política aposta por abrir un debate con toda a cidadanía para chegar a acordos sobre o tipo de accesos e usos que se lle vai dar a Illa de San Simón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará