Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O número de peregrinos aumenta un 30%

RR_Noticias

Desde o mes de xaneiro o número de camiñantes que pasan a noite en Redondela aumentou notablemente, sobre todo os que proveñen de países europeos como Polonia, Hungría, República Checa, Eslovaquia e Eslovenia.

Durante todo o mes de xullo e agosto o Albergue de Peregrinos de Redondela colga o cartel de completo dúas horas despois da súa apertura. O albergue abre as portas as 13.00 horas e as 15.00 horas xa ten ocupadas as 42 prazas das que dispón. Os camiñantes que quedan sen cama son situados no Pavillón de Deportes da vila ou nos establecementos hostaleiros. A causa temos que buscala, segundo a responsable da Casa da Torre, Sonia González Castro, no aumento de peregrinos que sufriu o Camiño Portugués desde o mes de xaneiro. Aproximadamente un 30% máis de camiñantes que no 2008 son os que pasan por Redondela.  O incremento faise notar especialmente nos visitantes de fora de España orixinarios de países Europeos como Polonia, Hungría, República Checa, Eslovaquia e Eslovenia, aínda que os camiñantes máis numerosos seguen a ser os Portugueses. O aumento de visitantes está xerando algunha queixa entre os peregrinos ao atoparse sen praza no albergue, aínda  que a responsable da Casa da Torre, asegura que se lles proporciona un lugar onde pasar a noite tanto no Pavillón de Redondela como nos establecementos hostaleiros. A esta queixa temos que sumarlle á da sinalización da ruta. Moitos dos camiñantes que pasan por Redondela amosan o seu malestar pola indicación que, segundo afirman, é moi confusa á saída de O Porriño.

Sonia González responsable albergue Casa da Torre
Sonia afirma que desde xaneiro deste ano o número de camiñantes aumentou un 30%.
Sonia González
A responsable do albergue destaca que o número incremenou máis entre os visitantes de fora de España e Portugal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará